Xa ían ser as seis da tarde e levaba dende a noite anterior facéndose as mesmas preguntas. Ela sabía que eran preguntas sen resposta, tontas, inútiles e sen sentido, mais non as lograba apartar da súa cabeza. Unha e outra vez alí estaban. Que pasaría se...? Deu outra volta no chan onde levaba tirada escoitando música dende as catro da tarde. Cada movemento era un intento de apartar todo aquilo da súa mente, pero só conseguía remover máis os seus confusos pensamentos. Por momentos perdía a cabeza sumerxíndose no mundo dos soños e fantasías, mais cando acordaba todo volvía a ser igual ou mesmo peor. Por que non podía ser completamente feliz? Tiña todo o que precisaba... familia, amigos, saúde e estaba enleada no que semellaba o principio dunha gran historia de amor. Pero a pesar de todo sentía que algo lle faltaba, ou quizáis fose alguén... non! Iso non podía ser. Tíñao todo, xa llo dixeran máis dunha vez e non había nada que non indicase que era certo, íalle ben nos estudos, cos amigos, co seu mozo e non tiña queixa algunha, mais a súa mente andaba na procura dunha resposta que sería a clave para deixar de darlle voltas a todo. E se aquel día non tomase aquela decisión? Se tan so esperase unha semana máis, tal vez todo fose distinto, quizáis fose completamente feliz! Aínda que tamén pode que todo rematase igual, pois... quen pode manter algo así? Ela non, dende logo, por iso decidiu que era a fin, a fin dunha gran historia que xamáis esquecería. Tal vez fose a historia máis importante da súa vida, pero aquel día decidiu porlle un final, que a pesares de non ser o máis agradable, si que parecía ser o máis axeitado. Pero era agora cando as dúbidas non a deixaban durmir tranquila e nos seus soños só aparecían imaxes do pasado, imaxes de cando estaba completamente namorada. E o presente qué? Non estaba tan mal, podíase dicir que por momentos conseguía ser feliz e seríao máis ainda se as dúbidas non a asaltaran cada cinco minutos. Isto non sería tan agobiante se llo puidera contar a alguén, mais non podía. Tacharíana de tola e non a entenderían, pois ao fin e ao cabo a decisión fora súa. E se llo contase ao seu mozo? El era comprensivo e cada día a quería un pouquechiño máis, pero non! Tan só lle faría dano, era demasiado sensible, derrubaríase e ela non quería que iso sucedese xa que agora el estaba ben e moi a gusto ao seu lado. Os pensamentos confusos que a abordaban tan só se interpondrían entre ámbolos dous e iso non era o que ela desexaba xa que el era unha das poucas persoas que conseguía facerlle esquecer a realidade na que vivía para transportala a un mundo diferente no que todo semellaba máis sinxelo. Esa fora unha das razóns máis importantes que a levaran a saír con el, a querelo cada día un pouco máis. Ambos sabían que o amor todavía non chegara, pero tampouco querían que todo fose as présas. Tiñan toda unha vida por diante, para que correr? Queríanse e iso era o que importaba. Tal vez podía contarllo as súas amigas, pero sabía que non a entenderían e tampouco poderían axudala, así que non tiña caso... todo volvérase tan complicado. Por que a vida tiña que ser así? Unha complicación tras outra e cando por fin todas semellaban arranxadas chegaba algo que desbarataba todo... Deron as oito da tarde e decidiu ir darse unha ducha, tal vez así as súas loucuras escorregasen polo seu corpo ao mesmo tempo que as pingas de auga.
# No recuerdo cuándo ni por qué lo escribí, pero seguro que hubo algún motivo...
no lo e entendido mui biien :S
ResponderEliminarperoo te tenia q comentar...asiq :$